Localizados en bo estado os tripulantes da embarcación perdida en Ferrol

Foto sacada do Censo da Flota Pesqueira Operativa

Os dous tripulantes da embarcación que se buscaba na costa de Ferrol foron localizados en bo estado, con algo de frío, algo despois do mediodía deste luns, nunha zona de difícil acceso, pola embarcación ‘LS Condesa de Pardo Bazán’ de Cruz Vermella, que escoitou un asubío, segundo informan a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo.

A embarcación, ‘CYM’, duns sete metros de eslora, que saíu a faenar onte á noite e da que non se tiña noticia, motivo polo que a confraría de Ferrol deu aviso, atopouse sobre unha pena.

O helicóptero da Xunta que participaba nas tarefas de procura foi enviado ao lugar para recuperar aos dous mariñeiros, que foron levados ao aparcadoiro da feira de mostras de Ferrol. Alí, foron atendidos por unha ambulancia dalgúns cortes, e os seus familiares foron avisados.

Link. https://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/buscan-costa-ferrol-embarcacion-salio-faenar-no-regresado-4408592

Esta entrada foi publicada en Afundimento, Comarcas, Galicia, Mar, Pesca, Politica, Politica Pesqueira, Sucesos. Ligazón permanente.

Deixar un comentario