O furtivismo cébase coa ría que queda sen marisco

Antía Urgorri Serantes

ANTÍA URGORRI FERROL / LA VOZ

Vista do lugar de Salto, no Couto JOSE PARDO

Dous amplos despregamentos a principios de agosto saldáronse con case cen quilos de ameixa comisada

A ría de Ferrol non pasa polo seu mellor momento, tras a caída a cifras nunca vistas das capturas de ameixa. Queda pouco marisco, e o que hai, parece que llo levan os ilegais. No que vai do mes de agosto, o mercado negro do marisco na ría sufriu dous grandes paus tras dous amplos operativos nos que participaron a Policía Autonómica de Santiago e o Servizo de Gardacostas de Galicia. No conxunto dos dous comisáronse case cen quilos de ameixa.

O pasado 3 de agosto localizáronse un total de 59 quilos de ameixa na Graña, na ría de Ferrol, tal e como informou a Xunta. A actuación tivo lugar no transcurso dunhas tarefas de inspección da costa que permitiron localizar a sete persoas extraendo ameixa con raños e sen a habilitación correspondente. Todas elas foron identificadas e tramitáronse as respectivas denuncias por unha presunta infracción da Lei de Pesca de Galicia. Tamén se requisaron varios utensilios.

El otro operativo tuvo lugar el 10 de agosto, cuando se decomisó treinta kilos de almejas. Se desarrolló en la zona de O Couto, y en el operativo fueron tanto identificadas como denunciadas cuatro personas, explican desde la Xunta.

O patrón maior de Ferrol, Gustavo Chacartegui, celebra que desde hai uns meses a Xunta reforzase os servizos de vixilancia pesqueira na ría, polo que se está intensificando a loita contra o furtivismo nunha época do ano especialmente delicada polo aumento considerable da demanda de marisco. «Quítache a mercadoría e fai que o teu produto baixe de prezo, xa nos queda pouco marisco, se nolo levan…», destaca o patrón maior.

Engade que a maioría dos ilegais están a darse no marisqueo a pé, aínda que destaca que a vixilancia da Xunta estase intensificando a todos os niveis, e en todas as artes. «Benefícianos a todos», di.

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2023/08/21/furtivismo-ceba-ria-queda-marisco/0003_202308F21C6992.htm

Esta entrada foi publicada en Furtivismo, Galicia, Mar, Marisqueo, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar un comentario