Somos Mar
VILAGARCÍA / LA VOZ

O presidente de UPTA reunirase coa directora do organismo para tratar unha demanda das confrarías galegas
O presidente da Unión Profesional de Traballadores Autónomos (UPTA), Eduardo Abad Sabarís, manterá o martes unha reunión coa directora xeral do ISM, Elena Martínez, para abordar o paradoxo na que se atopa o sector do marisqueo a pé de Galicia, que durante os períodos de cesamento de actividade non pode realizar traballos de sementa de marisco. Uns traballos, explica Abad, que son vitais para poder asegurar a produción de próximas campañas.
«Esta situación é un absurdo, máxime cando hai outros traballos, como a vixilancia, que si poden realizar», sinala o presidente de UPTA, que confía nun pronto cambio de criterio.
Debe estar conectado para enviar un comentario.