Alicia Villauriz deixa a Secretaría Xeral de Pesca

Somos Mar

REDACCIÓN / LA VOZ

PEPA LOSADA

O Boletín Oficial do Estado recolle hoxe o seu nomeamento como conselleira de Agricultura e Pesca en Londres

A coruñesa Alicia Villauriz Iglesias ten os días contados á fronte da Secretaría Xeral de Pesca. Deixará o despacho da madrileña rúa Velázquez o próximo día 8, segundo recolle o Boletín Oficial do Estado (BOE) de hoxe, que fai oficial o seu nomeamento como conselleira de Agricultura, Pesca e Alimentación en Londres.

Lo que todavía no ha trascendido es la persona que la relevará en el cargo, aunque fuentes del sector barruntan que saldrá de su propio equipo.

Villauriz, funcionaria do corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado desde 1987, foi a número dous de Luís Planas en Pesca desde o seu nomeamento como ministro, pero xa antes ocupara a Secretaría Xeral de Pesca, relevando ao tamén galego Juan Carlos Martín, cando á fronte do entón Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño estaba Rosa Aguilar, no 2010.

Antes da súa segunda etapa como secretaria xeral de Pesca, Villauriz foi coordinadora de Agricultura, Pesca e Alimentación na Representación Permanente de España (Reper) #ante a Unión Europea.

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosmar/2023/01/31/alicia-villauriz-deja-secretaria-general-pesca/00031675149346679675613.htm

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Mar, Mulleres do Mar, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s