A pesca non morre, mátana. Váiase, señor eurocomisario!

El eurocomisario Sinkevicius defiende el veto a toda la pesca de fondo para proteger zonas donde se sabe o se supone que hay ecosistemas marinos vulnerables OLIVIER HOSLET | EFE

Basilio Otero

PATRÓN MAIOR DE BURELA E PRESIDENTE DA FEDERACIÓN NACIONAL DE COFRADÍAS DE PESCADORES

Non son de escribir artigos porque son máis de ideas forza, o meu non é a prosa. Pero hoxe farei unha excepción co eurocomisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius.

A pesca demostrou ser responsable sempre e, en momentos duros, coma a pandemia, fomos capaces de seguir subministrando comida cando un bicho que non coñecíamos nin entendíamos chegou as nosas vidas. Fomos quen de ser responsables e chegar o RMS (rendemento máximo sostible) en aquelas especies con TAC (total admisible de capturas) un ano antes do que nos pedían. Fomos capaces de adaptarnos a normas cada vez máis restritivas impostas por Europa polo ben da sostibilidade do recurso, porque a sostibilidade social nunca se puxo encima da mesa.

Pero chegou un señor e, como veu que non se conseguía eliminar a pesca, ocorréuselle atacar cos VME (espazos mariños vulnerables), manda ca…!!! É realmente incrible que unha persoa que se fai chamar eurocomisario de Pesca poida ser tan cruel con este modo de vida.

Temos que lembrar que a pesca, ser mariñeiro, é algo mais que unha profesión, é unha forma de vida que levamos dentro os que lambemos unha man despois de chegar a terra o rematar a faena, despois dun día de mal tempo, aínda que sabemos que vai ser un chute de sal, pero do teu sal. Somos os que nos levantamos cada día coa ilusión de non saber o que imos pescar, pero coa certeza de que vai ser o mellor día da semana. Somos os que pouco a pouco imos resistindo os envites de un eurocomisario que está facendo todo o posible para que o oficio desapareza e deixar espazo para non sei que, nin quen.

Parafraseando a un antigo político, só me queda dicirlle unha cousa: Váiase señor comisario!!! Podo poñelo en negriña, cursiva e subliñado, pero váiase, por favor!!!

Non ve vostede que os espazos que pecha son espazos que levamos décadas utilizando para pescar e se hai especies vulnerables hoxe en día é que non lles afectamos?! Non ve que pechar espazos por se hai especies vulnerables é como querer cobrar a lotería primitiva cando aínda non se fixo o sorteo?! Non ve que sacar a máis de 500 barcos da zona de pesca habitual vai facer que se despracen a outras e con iso farase máis presión sobre certos caladoiros ao haber mais barcos?!

Igual non entende o galego, podo poñerllo en castelán: Váyase, señor comisario!!!, e ata en inglés: Go home, commissioner!!! Dígollo como queira, pero váiase, polo amor dos pescadores.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Mar, Marisqueo, Pesca, Politica, Politica Pesqueira, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s