
O helicóptero Pesca 2 rescatou o corpo e trasladouno ao Hospital Naval de Ferrol
Un pescador asturiano faleceu esta mañá na costa de Narón, ao precipitarse por unha zona de cantís próxima á illa de Pena Lopesa, cara ao litoral de Ferrol. O helicóptero Pesca 2, con base no porto de Celeiro, rescatouno, aterrou nun prado próximo, na zona de Campelo (Valdoviño), onde os servizos sanitarios confirmaron o falecemento, e trasladouno ao Hospital Naval de Ferrol.
O home estaba a pescar con outras dúas persoas. O avisou chegou ao redor de únaa e media e desde o 112 Galicia mobilizouse aos Bombeiros de Ferrol e Narón, ademais do Corpo Nacional de Policía, Policía Local e Protección Civil de Valdoviño. Ao tratarse dun litoral abrupto, na contorna da illa Pena Lopesa, non foi posible a intervención por terra e optouse pola evacuación aérea.
Debe estar conectado para enviar un comentario.