A falta de compradores obriga aos percebeiros de Aguiño a suspender a campaña

O peche de bares e restaurantes deixou sen clientes aos intermediarios

J. M. JAMARDO

O día de hoxe estaba marcado no calendario dos percebeiros de Aguiño como día de faena. Con todo, os profesionais non sacaron as embarcacións ao mar e n ofue por mal tempo, foi porque os compradores anunciaron que non irían á poxa. O peche dos bares e restaurantes puña en alerta ao colectivo.Antes de saír a faenar, a confraría púñase en contacto cos profesionais que noermalmente acoden á lonxa a adquirir este marisco e a súa resposta foi contundente «non imos ir porque non temos a quen venderllo». Ante esta situación, os produtores optaron por quedar en terra, segundo apuntou o patrón maior, José Antonio Santamaría.

O dirixente indicou que esta situación vén nun momento bastante malo pois aínda que estaban a traballar na zona de Corrubedo, a cotización do crustáceo estaba a ser aceptable pois a semana pasada o máis caro chegou aos 75 euros o quilogramo. O patrón maior recoñeceu que descoñecen o tempo que terán que estar parados os percebeiros pero tamén temen polo resto de marisco das súas concesións. Neste sentido, fixo mención a que o venres caeu o prezo da navalla pois dos dez euros o quilo pasou aos seis.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Furtivismo, Galicia, Lonxa Cedeira, Mar, Marisqueo, Percebe, Percebe de Cedeira, Pesca, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar un comentario