O sector pesqueiro mostra na Eurocámara a súa indefesión ante a eólica mariña

Europaazul

24 mayo, 2023

O sector pesqueiro español e tamén europeo mostrou onte a súa preocupación polo perigo que presenta a eólica mariña nun acto organizado polo partido galego BNG na Eurocámara no que se abordou nunha conferencia o impacto desta industria.

Os diferentes portavoces expresaron en breves intervencións o perigo que pode traer para as pesqueiras e para a fauna mariña a implantación de eólica off shore no Atlántico e Mediterráneo. Presentáronse estudos e vídeos por parte de Magdalena Jabukous, Corin Schrum, Marian Alves Pereira, Bernar Pérez que mostraron a súa preocupación polas repercursiones que vai ter a eólica mariña.

Entre os pescadores do Atlántico mantíñase que «non estamos en contras da eólica mariña, pero constatamos que vai poñer en perigo as nosas pesqueiras», dicía Bernard Perez. Presentáronse estudos das repercusións sobre os ecosistemas e especialmente a influencia do magnetismo que xerarán os equipos eólicos sobre as especies. Entre os pescadores europeos indicábase a «indefesión» que existía na implantación destes proxectos nos que non houbera consultas previas e si demandas ante o Consello de Estado na súa contra. «A eólica vai crear tensións adicionais. Ninguén quere parar esta industria que programa grandes investimentos, aínda que son dos poucos que está a loitar contra a súa implantación».

Maís información ……….

Link: https://europa-azul.es/el-sector-pesquero-muestra-en-la-eurocamara-su-indefesion-ante-la-eolica-marina/

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Eolicos no Mar, Galicia, Lonxa Cedeira, Mar, Pesca, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s