O cadáver do mozo mariñeiro indonesio que morreu mentres faenaba, permanece no depósito do hospital de Burela

PEPA LOSADA

Mentres se tramita a repatriación ao seu país, os máis de 200 indonesios que traballan no mar na Mariña choran ao seu compañeiro

O cadáver do mozo mariñeiro indonesio que faleceu nas últimas horas a bordo dun barco de Celeiro mentres navegaban, con toda probabilidade por mor dun infarto, permanece no depósito do hospital público da Mariña en Burela.

Mentres se procede cos trámites para repatriar o corpo ao seu país de orixe, os máis de 200 mariñeiros indonesios que se calcula traballan na actualidade na pesca na Mariña, choran ao seu novo compañeiro e compatriota falecido.

Segundo algunhas fontes, non resulta fácil calcular o número exacto de indonesios chegados á Mariña que están a traballar no mar porque moitos deles están “en tránsito”. Estas mesmas fontes calculan que ao redor de 200, a maior parte asentados temporalmente en Viveiro e Celeiro, tamén en Xove algúns e en Burela.

O falecido é un mariñeiro novo, que chegara recentemente de Indonesia para traballar no mar “chamado” polos demais compañeiros que xa están a traballar aquí na pesca desde hai anos.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Mar, Necrolóxicas, Politica, Politica Pesqueira, Sucesos, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s