Quédanos moito para ser civilizados

Basilio Otero PRESIDENTE DA FEDERACIÓN NACIONAL DE COFRADÍAS DE PESCADORES (FNCP)

La Voz de Galicia

Diario 17 do presidente das confrarías españolas: Acordádevos que o peixe nos dá felicidade e saúde. Que máis se pode pedir!

A semana empezou en Madrid cunha reunión do Consello Estatal para o Fomento da Economía Social no Ministerio de Traballo. Pouca chicha. Xa o martes, coa Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), tocábanos facer o executivo mensual e preparar a asemblea xeral que se celebrará en Bilbao a finais do mes que vén, aproveitando a capitalidade desta cidade da economía social neste 2023. Pola tarde tivemos unha videoconferencia na Federación Galega de Confrarías de Pescadores, nela preparamos a asemblea xeral que tivemos o sábado. Vivimos momentos tensos que esperemos resolver canto antes.

O mércores reuninme con Ana Núñez (subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima) e o representante da Federación Canaria de Confrarías de Pescadores, tratamos temas de interese como a pesca de túnidos, que esperamos poder resolver cando antes. Vai por bo camiño a negociación.

Xa ao mediodía asistín ao pleno do Consello Económico e Social (CES) de España. Aprobamos dous informes e un índice de informe sobre pesca. Non puidera asistir á reunión do grupo terceiro, ao que pertence a pesca, e sorprendeume o presidente do CES, Antón Costa, cando me deu a palabra como presidente da Comisión de Agricultura e Pesca para expoñer. Tomando o micrófono nervioso díxenlle que non sabía que tiña que intervir e non tiña nada preparado. Sorprendeume que, co controlado que está todo, no CES non me enviasen nada. Aprobouse o informe porque si. Todos tiñan xa o índice así como a explicación do a necesidade do informe. Tamén creo que sorprendín ao bo de Antón coa miña reacción. Ao final do Pleno fun a pedirlle desculpas e dixéronme que o que tiña que facer era simplemente ler o índice. Cousas de novato nestas lidees!

Desde alí funme a unha reunión co presidente e o director da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA). O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) puxo encima da mesa a posibilidade de pedir préstamos ICO con garantía SAECA. Non foi posible facelo e iso hai que solucionalo, porque foron moitos os armadores que o tentaron, sen éxito. Non puideron pedilas.

De camiño ao aeroporto para coller o avión de volta a casa, baixeime do vagón do metro. Entraba no meu móbil unha chamada importante e tiña medo de perder a cobertura. Chamoume a atención, estando na estación, que dun dos trens que chegou mentres eu falaba por teléfono descendeu un mozo que, ao pasar polo meu lado, tirou sen pudor ao chan un vaso de papel que bebía. Unha persoa maior que viña detrás botoulle unha reprimenda tremenda por esa acción. Hai que dicir que o mozo nin se inmutou. Quédanos moito para ser civilizados.

O xoves xa en Burela asistín a videoconferencias. A primeira sobre a certificación de profesionalidade e, xa pola tarde, co Observatorio da Eólica Mariña

O venres seguimos con videoconferencias, LIC de Menorca, Corredor de Cetáceos, WWF Adena e reunión con afectados de eólica offshore de Cataluña. Xa pola tarde tocou coller un avión.

O sábado estiven na inauguración da nova sede da Confraría de Pescadores de Formentera. Por fin, e despois de moito traballo, o meu bo amigo Iván, patrón maior da Confraría e vicepresidente da FNCP, ten nova sede. Gustoume a inauguración, porque non houbo cinta nin tesoiras. Houbo cadrelo, boia e navalla para cortala. Foi unha xornada moi boa na que puiden falar coa presidenta do Consell de Formentera, Ana; o Conseller de Infraestruturas, Sector Primario e Interior, Josep Marí; o director xeral de Pesca e Medio Mariño de Baleares, Juan Mercant e outros tantos amigos que departimos e compartimos a felicidade de ser e estar.

Despídome ata a semana que vén desde unha das zonas bonitas que ten España gozando do peixe. Acordarvos que nos dá felicidade e saúde. Que máis se pode pedir!

Link: https://wordpress.com/post/cedeiraconfraria.wordpress.com/10083

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Comarcas, Galicia, Mar, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s