Malestar na pesca cos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo.

O mapa que o Goberno deu luz verde cos POEMs segue enfrontando ao sector pesqueiro, organizacións ecoloxistas e empresas enerxéticas aínda que a proposta final ha minguado substancialmente con respecto ás previsións iniciais. Os POEM definitivos reservan unha área de 117,6 quilómetros cadrados, un 80% menos que o previsto en principio (593,7 quilómetros cadrados).

O axuste afecta a practicamente todos os polígonos da comunidade galega. O situado mirando ao litoral coruñés e Ferrolterra, o de maiores dimensións en España, mingua un 23,5%, ata os 1.806 quilómetros cadrados. Os dous a medio camiño entre as provincias da Coruña e Lugo teñen 113 e 77,7 quilómetros cadrados. O primeiro diminúe un 32% e o outro crece un 3%. A zona prevista na comarca da Mariña expándese uns 236 quilómetros cadrados, un 46% menos.

Para Torcuato Teixeira, portavoz da plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños «conciliar os distintos usos» quedase sinalado como o día da ignominia para a pesca española, é un ataque directo á linea de flotación da pesca e dos nosos ecosistemas»

Teixeira di «podiamos esperar este proceder da Comisión de Pesca da UE, pero do Goberno propio sería impensable. Desprezan o impacto socioeconómico que tería expulsar á pesca de amplas zonas onde faenamos, desprezan o impacto que poidan ter estes macropolígonos, que, entre outras cousas, cambian o devir das correntes mariñas, desprenden enerxía electromagnética e producen cambios na temperatura do mar e da superficie onde se instalan, segundo as experiencias no mar do Norte»

«SE no Miteco pensan que poden sacrificar ao noso sector e os nosos ecosistemas a través dos plans de ordenación do espazo mariño (POEM), son máis ignorantes e soberbios do que o sector pensaba»

Con iso arrinca a carreira da eólica mariña en España. O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) aprobou no Consello de Ministros os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) que servirán para delimitar as zonas do litoral da Península susceptibles de ser aproveitadas para producir enerxía eólica mariña.A declaración ambiental estratéxica publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) o pasado decembro xa avanzou un recorte xeneralizado das áreas posibles para a eólica offshore marcadas no borrador inicial. Hugo Morán, secretario de Medio Ambiente manifesta que »coa axuda do Instituto Español de Oceanografía, o resultado final é unha cartografía que nos permite descartar bancos de pesca que sexan estratéxicos en cada un dos polígonos».

Máis información ….

Link: https://europa-azul.es/la-eolica-marina-arranca-en-espana-con-los-planes-de-ordenacion-del-espacio-maritimo/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=la-eolica-marina-arranca-en-espana-con-los-planes-de-ordenacion-del-espacio-maritimo

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Lei de Pesca Sostible, Mar, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s