Isabel Artime relevará a Alicia Villauriz na Secretaría Xeral de Pesca

E. A. REDACCIÓN / LA VOZ

MAPAMA

O seu posto na dirección xeral de Pesca Sostible será ocupado por Mónica Corrales, ata o de agora subdirectora xeral de Asuntos Xurídicos e Gobernanza Internacional Pesqueira

Isabel Artime García (Luanco, 1966) relevará a Alicia Villauriz á fronte da Secretaría Xeral de Pesca. Confírmase así a aposta que se viña facendo no sector desde o momento que transcendeu que a coruñesa fora designada conselleira de Agricultura, Pesca e Alimentación na Embaixada de España en Londres: que a estas alturas da lexislatura o Goberno optaría por elixir o sucesor entre o propio equipo. E os dous directores xenerais, a de Pesca Sostible, Isabel Artime, e o de Ordenación Pesqueira, Ignacio Gandarias, eran os mellor posicionados para poñerse aos mandos dos asuntos pesqueiros.

Finalmente, será Artime a que ocupará o despacho principal das dependencias da rúa Velázquez. Á fronte da Dirección Xeral de Pesca Sostible que levaba a asturiana poñerase Mónica Corrales, ata o de agora subdirectora xeral de Asuntos Xurídicos e Gobernanza Internacional Pesqueira. Curiosamente, nese mesmo posto estivo a propia Artime durante once anos, ata o 2012, ano no que se foi como conselleira á Embaixada de España en Washington D.C. para os Estados Unidos e Canadá.

En junio del 2018 fue nombrada directora general de Recursos Pesqueros y Acuicultura, departamento que en el 2020 cambiaría a Pesca Sostenible.

Artime, licenciada en Dereito e máster en Administración Pública, participou nas negociacións da política pesqueira común e dos regulamentos de loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (IUU). Así mesmo, representou a España na FAO e noutros organismos internacionais e dirixiu o grupo de traballo do ministerio para redactar as propostas de Lei de Protección do Medio Mariño e de modificación da Lei de Pesca Marítima do Estado.

No que queda de mandato, a Artime preséntanselle varios retos. Os primeiros chegarán a finais deste mes, cando a Comisión prevé lanzar a estratexia de transición enerxética na pesca e o plan de acción mariño, así como o exame de conciencia sobre dez anos de política común pesqueira que debería servir de antesala a unha reforma que o sector quere pero ao que o Executivo comunitario resístese.

Así mesmo, estará á beira do ministro conducindo os foros de pesca que toquen durante a presidencia española de quenda da UE. Si, o cume dos TAC (total admisible de capturas) e cotas de decembro.

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Lei de Pesca Sostible, Mar, Pesca, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s