Somos Mar
REDACCIÓN / LA VOZ

Residuos recolleitos do mar en Ribeira, nunha foto de arquivo MARCOS CREO
Poden recibir compensacións de 86 a 2.073 euros por día
Flotando, entre augas, no fondo ou acumulados na costa, residuos de plástico, metálicos, de vidro ou de madeira contaminan o mar, danando a súa biodiversidade e causando «perdas económicas» a pescadores e mariscadores. Para incentivalos a reducilos, de tal modo que en lugar de saír a por peixe ou marisco vaian limpar o mar, a Xunta ofrécelle a cada barco compensacións de entre 194 e 2.073 euros por día, dependendo da tonelaxe e da zona onde faene, que tamén marca as dos mariscadores, que oscilan entre 86 e 171 euros. O obxectivo é que os profesionais do mar «integren nas súas operativas boas prácticas que contribúan á protección do medio mariño e á explotación sustentable dúas seus recursos». Mar acaba de convocar o paquete de subvencións deste ano. Dentro do seu programa MarLimpo, ofrece un total de 340.000 euros.
Dun mes, contado desde este 11 de xaneiro, dispoñen confrarías, organizacións de produtores pesqueiros ou asociacións de mariscadores para presentar proxectos nos que barcos partan a recoller lixo mariño e mariscadores a retirala de areais ou bancos onde faenan. Non se concederán para limpar dársenas portuarias e tampouco será posible compaxinar eses traballos coas actividades ordinarias do sector.
Debe estar conectado para enviar un comentario.