A USC se alía cos pescadores para demostrar que limpan máis que ensucian o mar

Somos Mar

REDACCIÓN / LA VOZ

Participa coa Cooperativa de Armadores de Vigo en Nettag+, un proxecto europeo que dá continuidade á procura de solucións para reducir os residuos xerados polos aparellos

Un equipo composto por 15 institucións de sete países europeos (Portugal, España, Italia, Croacia, Malta, o Reino Unido e Irlanda) dedicaranse no próximos tres anos a buscar fórmulas para reducir os residuos xerados polas artes de pesca e o seu impacto no hábitat mariño. Nese consorcio está a Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se embarcou no denominado proxecto Nettag+ desde Galicia do mesmo xeito que a Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi).

Esta nova investigación —que lidera o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental, con sede en Matosinhos— dá continuidade á que se realizou do 2019 ao 2021 na que tamén estivo enrolada a USC. Nesta segunda parte será o profesor Sebastián Villasante o que coordinará os traballos desde a institución compostelá, con axuda dos investigadores do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (Cretus) Pablo Pita e Gillian Ainsworth, e cos armadores de Arvi. Estes serán os que probarán nos seus barcos os sistemas de localización acústica para recuperar aparellos perdidos.

O desenvolvemento desas ferramentas foi un dos obxectivos do proxecto Nettag, que tamén probou tecnoloxías para reducir a perda de redes e outras artes de pesca, ao tempo promoveu a mellora de prácticas na xestión dos residuos a través de accións de sensibilización nas confrarías de pescadores.

O Nettag+ busca agora tres metas: previr, evitar e mitigar o impacto dos aparellos abandonados, perdidos ou descartados no medio mariño. A prevención require seguir incidindo na mellora das prácticas pesqueiras e a adopción de métodos máis respectuosos co medio. Iso redundará na redución do volume de aparellos que acaban nos fondos mariños ou portos.

Máis información ….

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosmar/2023/01/10/usc-alia-pescadores-demostrar-limpian-ensucian-mar/00031673378763196688819.htm

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Mar, Marisqueo, Pesca, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s