Barco ao lonxe, traxedia na porta

María Canosa

Maria Canosa PINGAS DE CRISTAL

Foto: La Voz de Galicia

O ceo está cuberto. Por momentos, o vento parece que fose capaz de varrer ata a melancolía. A costa está impregnada dunha néboa sutil que eslúe o perfil do horizonte. Cando chove, non hai piedade. Os ballóns intercálanse cos delampos cunha naturalidade que esmaga. Hai só uns días, pouco antes de chegar a cabalgata de Reis á cidade herculina, un transatlántico decoraba coas súas luces a zona do Náutico. Na Marina da Coruña debúxase unha escena de película

Mais as sombras da realidade sempre resultan ameazantes. Os Reis Magos trouxeron un buque avariado. A pesar das inclemencias do tempo, apenas se move, fondeado moi preto do porto. Vixíao de preto un remolcador.

Pónseme a carne de galiña mentres repaso os elementos do posible guión: un barco, avariado, preto da costa, xusto nos días de temporal dos meses de outono ou inverno. Eu xa fuxín do Cason, vivín a evacuación con moitos veciños. Tamén sufrín a traxedia do Prestige. Penso que o xénero do posible filme pode ser tranquilamente o terror. Non necesito rememorar aquelas historias. É máis, necesito saber que non se van cometer os mesmos erros, as mesmas imprudencias, as mesmas neglixencias…

É máis, esixo que se nos trate con rigor, respecto e seriedade. Non podemos tolerar que se volvan rir, entre eles ou de nós. Díganme que 35 e 20 anos non pasaron en balde. Que aquelas vidas e traxedias nos fixeron aprender.

Pode que o barco semelle lonxe. A traxedia, témola na porta.

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2023/01/10/barco-ao-lonxe-traxedia-na-porta/0003_202301G10P13993.htm

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Afundimento, Cedeira, Comarcas, Galicia, Mar, Pesca, Politica Pesqueira, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s