
Salvador Sas | EFE
Di que o goberno vixiará que a rebaixa do imposto chegue ao consumidor
Por que quedaron fóra da cesta de produtos fundamentais da cesta da compra as carnes e os peixes? Esa foi unha das preguntas ás que esta mañá respondeu o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, durante unha entrevista concendida no programa Espello Público, de Antena 3, recollida por Europa Press. Aí respondeu que o que preguntaría sería «por que se incluíron o leite, o pan, o queixo, as froitas ou as verduras? Examinamos que unha familia media gasta un 15%-16% dos seus ingresos na cesta da compra e actuamos sobre aqueles produtos que teñan unha repercusión directa, o cal non quere dicir que non haxa outros produtos que se consuman, pero concentrámolo nos que ten maior volume e importe de gasto».
Ademais recalcou que o «Goberno toma as decisións que se ten que tomar para protexer aos cidadáns. Se non se adoptan as medidas, o Goberno está en falta, e, se se adoptan, é unha medida electoralista. O Executivo só ten unha preocupación e é a de traballar polos cidadáns. Adoptáronse estas medidas que espero que sexan eficaces e se fai falta adoptar outras, farase».
Sobre como se contralará que a baixada do IVE realmente sexa efectiva para o consumidor, comentou que o Goberno «estará vixiante» á distribución para que se repercuta a baixada do imposto a determinados alimentos ao prezo que paga o consumidor. «O sector agroalimentario e a distribución dixeron e comprometéronse a trasladalo ao prezo final do consumidor. Confiamos na palabra do sector, pero imos estar vixiantes de que así sexa. E hai medios por parte da distribución de mostralo, xa sexa reflectíndoo no ticket da compra ou nos propios espazos, sinalando cal é o prezo antigo ou o novo a partir do 1 de xaneiro», asegurou Planas. Ademais dixo que agora «é o momento de levar a cabo esta medida», tras as críticas recibidas polo PP. «Analizamos como podiamos actuar eficazmente sobre o nivel dos prezos alimentarios. Vimos todas as medidas que podiamos adoptar e actuamos sobre as que nos parecía que eran máis eficaces»..
«O PP pídeo pola noite, pola mañá e acotío e de todos os impostos. Pensa que unha sociedade debe basearse no que teña diñeiro páguello, para a saúde, a educación ou o transporte. Neste caso é unha medida deseñada para a contención dos prezos alimentarios», recalcou.
O ministro de Agricultura congratulouse tamén polo cheque de 200 euros para axudar ás familias, que cualificou de «medida complementaria», para fogares que teñan unha renda de ata 27.000 euros e que se abonará nun único pago. Planas tamén lembrou que a bonificación de carburantes manterase para agricultores, gandeiros e pescadores. «Temos que conseguir que toda a cadea agroalimentaria, que funciona moi ben, continúe facéndoo, e que o sector primario teña a retribución xusta ao seu traballo, do mesmo xeito que a distribución, pero a cadea funciona magníficamente».
Debe estar conectado para enviar un comentario.