
Torcuato Teixeira
PORTAVOZ DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA PESCA E DOS
ECOSISTEMAS MARIÑOS
La estratéxica dos Plans de Ordenación do Espazo Mariño (POEM), resolución que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acaba de publicar no Boletín Oficial do Estado, acredita fundamentalmente tres cosas. Unha, que se pretendía ordenar os espazos mariños, sen ter en conta o principio de precaución, que o ministerio incluíu só despois do trámite de consultas e información pública. Outra, que existía unha clara desorde en relación á ordenación dos espazos mariños, pretendendo priorizar o que non era prioritario, e pretendendo ordenar sen contar con datos de análises do sector pesqueiro potencialmente afectado polo desenvolvemento da eólica mariña, nin con datos sobre a afectación dos ecosistemas mariños. E unha terceira: que a pesca non é prioritaria para este Ministerio, porque estamos en todos os sitios, e temos unha inxente actividade en toda a nosa plataforma.
Bo, pois estamos #ante unha resolución que tanto a pesca como os grupos de presión das enerxéticas estaban a esperar. O sector pesqueiro, para saber se Teresa Ribeira e o seu ministerio foran capaces de ver máis aló do cortoplacismo e das grandes presións recibidas por os señores do vento, e os lobis enerxéticos, para saber se por fin terían os nosos mares expeditos para facer un gran negocio cun ben de primeira necesidade á conta dos ecosistemas mariños e da actividade pesqueira.
E finalmente, optouse por ir por un carreiro tortuoso e nada satisfactorio para o sector pesqueiro, pois aínda recoñecendo a falta de información sistemática sobre afectación á pesca e aos ecosistemas mariños, e retirando esa categoría de prioritaria ao desenvolvemento da industria da eólica mariña nos nosos ricos mares, a pesca segue sen ter un recoñecemento como sector prioritario e, por suposto, de interese xeral, dado que estamos #ante sector primario subministrador da proteína animal de máis baixo impacto, máis saudable para a poboación e que contribúe á loita contra o cambio climático e a consecución dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS).
Agora como sector quédanos esixir que esas dúas medidas que esta resolución obriga a realizar nos POEM en relación ao sector pesqueiro potencialmente afectado polo desenvolvemento da eólica mariña e en relación aos ecosistemas mariños (as medidas identificadas como ER2 e ER3), leven a cabo antes de entrar na tolemia de poxar zonas para a implantación destas industrias sen esta información.
A pesca e os ecosistemas mariños están por encima das urxencias ficticias de tanto promotor ávido de facer negocios especulativos á conta do que sexa, o tempo dos pelotazos pertence a outra época, e vístanse de verde ou azul, o que se pretende facer nos nosos mares é un pelotazo pola vella, por encima do interese xeral que representan a salvaguardia da nosa pesca e dos nosos ecosistemas mariños, e para iso a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños realizará todo o que este en as súas mans para que isto non ocorra.
Debe estar conectado para enviar un comentario.