O TSXG rebaixa a pena de prisión a uns furtivos que colleron vieira tóxica “porque non a chegaron a vender”

Ameixa intervida nunha zona afectada por toxina / Policía Local de Vigo.

O Tribunal Supremo rebaixou a 3 meses e medio a pena de prisión imposta a catro persoas, que foron condenadas por extraer vieira tóxica nas proximidades da ponte de Rande, na ría de Vigo, ao considerar que non se consumou o delito contra a saúde pública porque non chegaron a comercializar o molusco.

Os feitos ocorreron en decembro de 2015, cando o servizo de Gardacostas interceptou a dous homes que, mediante unha embarcación, achegáronse ás proximidades da ponte de Rande e extraeron 115 quilos de vieira (que resultou ter unha toxina, acedo domoico); e as dúas mulleres, que os esperaban para descargar o produto no peirao de Domaio (Moaña).

O xulgado Penal de Pontevedra ditou sentenza (confirmada logo pola Audiencia) na que condenaba a cada un deles á pena de 1 ano e medio de cárcere, o pago de 1.440 euros de multa e inhabilitación para actividade de marisqueo durante 4 anos, por un delito contra a saúde pública.

Pero os condenados presentaron recurso, e agora o Tribunal Supremo corrixiu a resolución da Audiencia, condenado a esas catro persoas a 3 meses e 15 días de prisión, como autores dun delito contra a saúde pública en grao de tentativa.

Link: http://xornaldevigo.gal/vigo-e-contorna/94568-o-tsxg-rebaixa-a-pena-de-prision-a-uns-furtivos-que-colleron-vieira-toxica-porque-non-a-chegaron-a-vender/

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Furtivismo, Galicia, Pesca, Politica, Politica Pesqueira, Sucesos, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s