Centola e arroás

Alicia Fernández

A CRIBA

Ao ler sobre o recurso contra as vedas de pesca en augas profundas da UE, e lembrando todas as protestas que suscitaron sempre as decisións dese organismo —desde o marisqueo ao xeito, pasando por todas as artes de pesca— teño serias dúbidas de se todo responde máis o descoñecemento e animadversión dos sisudos gerifaltes da Unión ou ao espírito anárquico e ás moitas sombras dos nosos sectores. Ou a ambas as cuestións. Que si, que inventamos e desenvolvido en boa medida o negocio da pesca. Pero tamén é verdade que ocultamos e enganamos con premeditación e aleivosía; que transgredimos todo o que hai escrito. E así as cousas sempre pintará mal á hora de escoitarnos.

Sen ir máis lonxe, hai uns días rematou a veda da centola e, como todos os anos por estas datas, repítese a imaxe de toneladas desta especie nas lonxas que non reúnen un mínimo de calidade para ser comercializadas; que case se regalan por capacho ou, directamente, vanse ao lixo Xa non che digo no mercado «alternativo» existente! Cando temos constancia da sensibilidade da UE con descártelos. Lamentarémolo.

Por outra banda asisto atónita ao control e atención de decenas de persoas ás desventuras dun arroás, Manoliño, ao que un submarinista —con intención ou asustado— cravou un arpón. Recursos nun país onde unha cita cun especialista na sanidade pública, mesmo para asuntos graves, pódese demorar meses. Onde non hai residencias para os nosos maiores. Que é importante preservar a fauna, pero dá para pensar.

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2022/11/18/span-langglcentola-arroasspan/0003_202211B18C8991.htm

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Furtivismo, Galicia, Lei de Pesca Sostible, Lonxa Cedeira, Mar, Pesca, Politica, Politica Pesqueira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s