Somos Mar

Comeza no Congreso o debate dun dos proxectos estrela do ministerio de Luís Planas
Anunciado para principios de ano, un dos proxectos lexislativos estrela do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación acaba de iniciar o debate parlamentario no Congreso. Nada menos 389 emendas dos diferentes grupos políticos confirman o interese e o alcance da Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira, actualización da obsoleta de principios de século. Tamén evidencian as correccións e/o reparos que tentan introducir os deputados, en moitos casos facéndose eco das demandas dos pescadores.
Aprobada polo Consello de Ministros en xuño do ano pasado, en 55 folios traza a liñas mestras do ministerio que preside Luís Planas para a xestión pesqueira, actualizando as normas desde a base da sustentabilidade, en «tres aspectos interrelacionados: a conservación dos recursos pesqueiros, a cohesión social e o emprego nas zonas costeiras, e a actividade económica». Un ditame de 77 folios do Consello de Estado obrigou adaptala «ás observacións recibidas, depurando as cuestións indicadas polo alto órgano consultivo e ampliando o contido normativo».
Con todas as correccións, o texto que inclúe unha exposición de motivos, 55 artigos e varias disposicións, expúxose por segunda vez ao público no principio do ano. A finais de maio, o Consello de Ministros deulle luz verde por segunda vez. A principios de setembro, representantes do sector, das comunidades autónomas e de colectivos compareceron no Congreso a principios de setembro para expresar as súas opinións. Agora é a quenda dos políticos, que co peso dos seus votos decidirán se se modifica e como.
Debe estar conectado para enviar un comentario.