Grupos de Acción do Sector Pesqueiro inxectan 1,4 millóns en Galicia

O 60 % das subvencións públicas son para o sector, concellos e colectivos sociais

Con o 85 % cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) inxectaron 1,4 millóns de euros na penúltima convocatoria desas subvencións, tal e como publica a Consellería do Mar. Desa cantidade, o 60 % destinouse os proxectos non produtivos e o 40 % restante dedícase aos produtivos, investimentos en empresas que poden xerar emprego.

Concretamente, estes últimos suman un total de 564.500 euros e a contía máis elevada foi para Panadería Patricio, de Pontedeume, que recibe case 145.790 euros para implantar unha «nova liña de elaborados de pan, empanadas e chocolates con produtos do mar». Iniciativas turísticas ou de lecer levan case 162.000 euros. O resto de subvencións cofinancian compras de básculas, de vehículos ou remolques, liñas de envasado e etiquetaxe, novas tecnoloxías, reciclaxe de residuos ou eficiencia enerxética, entre outros.

En canto aos investimentos non produtivos (destinadas a entidades, non a empresas privadas), a máis cuantiosa do total de 870.570 euros son os 106.560 que a Confraría de Pescadores de Barallobre dedicará á segunda fase de mellora da actividade marisqueira. Outras once confrarías galegas, unha asociación de percebeiros e unha lonxa reciben un total de 316.410 euros para adquirir e mellorar os seus equipamentos e áreas de traballo, promocionar os seus produtos ou roteiros turísticas, entre outros. Suman 286.790 euros os concedidos a doce concellos para distintas actividades. Os 128.850 restantes son para unha decena de clubs, asociacións e colectivos sociais.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Lonxa Cedeira, Mar, Marisqueo, Mulleres do Mar, Politica, Politica Pesqueira, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s