
A frota poderá pescar a cota íntegra o ano que vén, despois de que a Comisión aceptase o uso das toneladas non pescadas para pagar a multa
A frota española deuse no 2009 todo un atracón de cabala. Había tanta no caladoiro e tan pouco control do seu consumo que cando a Administración española se quíxo dar conta xa se consumiu a cota que lle correspondía para ese ano por triplicado. A España tocábanlle 29.529 toneladas, co desconto por excederse o ano anterior quedou en 25. 525. Pero no reconto a final de ano, resulta que as súas embarcacións capturaran 90.954 toneladas.
Nin que dicir ten que España tivo que pagar esa festa da xarda. Hipotecouse por once anos para devolver as 65.429 toneladas que pescou de máis e pagar a porcentaxe de penalización por incumprir o regulamento de TAC (total admisible de capturas) e cotas dese ano. Con tres anos de cadencia, nas que só se descontaron 100 toneladas (do 2013 ao 2015), no 2016 chegaron os recibos máis avultados, a razón de 5.544 toneladas ata o 2023, ano no que se saldaría a débeda co desconto de 269 toneladas.
Como pagala todo en xardas facíase moi lesivo para o sector, debido a que coincidiu con anos nos que o TAC comunitario da especie foise recortando, España solicitou á Comisión Europea pagar parte desa hipoteca en anchoas, un stock que, despois do colapso que levou a suspender a pesca no Cantábrico por cinco anos, estaba en niveis históricos de biomasa. E Bruxelas dixo si: aceptou 3.696 toneladas de cabala entre o 2016 e o 2022, para rebaixala a 180 toneladas no 2023.
Máis información ….
Debe estar conectado para enviar un comentario.