
A armadora confirmou que toda a dotación do pesqueiro está a salvo. O buque foise a pique catro horas despois de dar a alarma, afectado por un incendio
O Piedras, un barco de bandeira inglesa pero con base en Marín afundiuse esta tarde en augas de Gran Sol, segundo confirmou testemuñas do naufraxio, que tamén informaron de que os once membros da tripulación atópanse a salvo.
A embarcación marinense sufriu unha vía de auga que forzou ao traslado dos tripulantes por razóns de seguridade e que se atopan no Armavén 1, outro barco galego que estaba a faenar na zona. «Todos están ben, que é o importante», sinala a armadora.
O xerente da asociación de armadores de Marín, Juan Carlos Martín, explicou que o barco acababa de descargar peixe no porto de Castletown e, de feito, esa mercadoría poxarase hoxe en Vigo, onde chegou por vía terrestre en carga frigorífica. O Pedras volveu facerse á mar e esta pasada madrugada produciuse a vía de auga que motivou que se activase o operativo de salvamento.
Máis…..
Debe estar conectado para enviar un comentario.