Bruxelas quere eliminar das axudas de Estado as dedicadas á substitución xeracional

A Comisión sostén que podería supoñer un risco de sobrepesca

A Comisión Europea parece non entender que nun momento tan delicado para o sector pesqueiro antóllase moi necesario, entre outros aspectos, un impulso á substitución xeracional para manter vivo o negocio dunha actividade que día tras día vese máis restrinxida. E é que durante unha Comisión de Pesca celebrada no Parlamento Europeo, representantes do Executivo comunitario invitados á sesión deron a coñecer as novas axudas de Estado que entrarían en vigor o 1 de xaneiro do 2023 e que nesta ocasión non recollen subvencións directas do Estado aos mozos pescadores porque consideran que é moito máis prudente acudir primeiro a Bruxelas para que do visto e prace.

É dicir, que obrigan aos mozos que queren ser pescadores a pasar por un trámite administrativo que pode tardar ata catro meses en formalizarse, para saber se terán subvención ou non.

Reaccións dos eurodeputados

«Os mozos pescadores non van supoñer un esforzo na pesca. Non vexo a xustificación de retirar esa posibilidade de axuda», sinalaba o presidente da Comisión de Pesca, o francés Pierre Karleskind, en relación a un asunto que acendeu todas as alarmas dos europarlamentarios presentes na sala. E é que a proposta do Executivo comunitario é sacalo do denominado regulamento de exención de bloque coa escusa de evitar que estas axudas incrementen a capacidade de produción. Un argumento que non ten nin pés nin cabeza, xa que «non existe ningún risco de sobrepesca», porque, para empezar, «non estamos a conseguir atraer a eses mozos», sostiña o socialista portugués Manuel Pizarro. Unha liña na que tamén se pronunciaba SørenGade, deputado de Renew por Dinamarca tras recalcar que «hai moitas persoas que queren abandonar o sector» e é necesario desenvolver «vocacións para manter a profesión», engadía.

Axudas ao carburante excluídas

O plan da Comisión Europea para renovar as axudas estatais a partir do próximo ano non prevé tampouco incluír subvencións para compensar a subida dos prezos dos combustibles. Un feito que «provoca que os pescadores prefiran amarrar que saír a pescar», dicía o europarlamentario canario do PP, Gabriel Mato. Pola súa banda, Pizarro engadía que é moi importante «non deixar de lado a cuestión do Pacto Verde», pero para iso e polo momento sería necesario que «este regulamento incluíse simplificar os mecanismos para que os estados puidesen proporcionar axudas respecto a carburantes e transición enerxética», finalizaba.

Llink: http://www.lavozdegalicia.es (SomosMar)

Esta entrada foi publicada en Artes Menores, Axudas, Cedeira, Comarcas, Galicia, Lonxa Cedeira, Mar. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s