
A veda comezará o 20 de maio e rematará o 4 de xullo
Nin as catro semanas ás que se atribuíu parte da desfeita no peor ano do século en desembarcos, nin as nove que o ano pasado contribuíron a recuperar un das iconas da gastronomía galega. Seis semanas durará este ano a veda do polbo en Galicia. Despedirase dese cefalópodo fresco durante o mes e medio que vai do 20 de maio ao 4 de xullo, o tempo que lle concede a Consellería do Mar para reproducirse e crecer.
Outra vez máis, ao departamento autonómico que preside Rosa Quintana non lle quedou máis remedio que terciar nas diferenzas entre as confrarías de pescadores. Tras consultalas, as federacións provinciais acudiron á última reunión da Comisión do Polbo con dúas propostas para a veda: oito semanas e as seis que finalmente «se acordaron», aseguran fontes da consellería.
Queda o de importación
Durante este tempo, ninguén, nin profesionais nin recreativos, poderá pescar nin un só polbo en Galicia. O fresco desaparecerá das prazas e dos restaurantes, onde se manterá a opción do conxelado. Iso para o galego, que segundo os investigadores do proxecto Cephs & Chefs representa ao redor da cuarta parte do que se consome en España. O resto, o que permite dar abasto á elevada e imparable demanda, procede de Marrocos, Mauritania ou Portugal.
Máis e mellor pago
As nove semanas de veda do ano pasado han permitido superar a nefasta campaña anterior. Desde xullo do 2021 ata a semana pasada comercializáronse nas lonxas galegas máis de 1,9 millóns de quilos, polos que en primeira venda ingresáronse case 18 millóns de euros, a razón de 9,16 euros o quilo. Máis do dobre que na precedente, cando as descargas non chegaron a 0,9 millóns de quilos e a facturación quedou en 7 millóns, a unha media de 8,28 euros o quilo. Que a actual foi a mellor das tres últimas confírmao que entre xullo do 2019 e finais de abril do 2020 vendéronse 1,8 millóns de quilos, por 13,2 millóns de euros, a 7,29 de media.
Link:www.lavozdegalicia.es (SomosMar)
Debe estar conectado para enviar un comentario.