
Ademais de supoñer un avance na profesionalización das mulleres, facilitaría a substitución xeracional ao facer máis atractivo o sector
A conselleira de Mar, Rosa Quintana, defende a necesidade de cambiar os coeficientes redutores da idade de xubilación das mulleres que traballan no sector marítimo-pesqueiro para igualalos ao daquelas actividades do sector nas que a presenza masculina é maioritaria. A medida, ao seu xuízo, serviría para compensar a dureza do traballo destas profesionais, como mariscadoras ou redeiras, e eliminar as diferenzas que existen na actualidade.
Así o expuxo a conselleira nun encontro celebrado en Santiago coa Asociación Nacional de Mulleres dá Pesca ( Anmupesca), no que tamén participou a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.
Debe estar conectado para enviar un comentario.