
O Parlamento de Galicia aproba por unanimidade unha moción do BNG que insta a Madrid a corrixir un proxecto de real decreto de artes de pesca e caladoiros no que a beta figura entre as redes de artes fixas dun só pano, pero non aparecen as volantillas que usan barcos galegos que poderían ter problemas por esa omisión
Anda o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación revisando toda a súa normativa que, como denunciaron en varias ocasións desde o sector pesqueiro, é abundante, dispersa e, mesmo, contraditoria. E algo de razón deben de ter porque cando fixeron un repaso das disposicións que afectan á pesca nos diferentes caladoiros e artes empregadas deuse conta de que están repartidas en sete reais decretos, tres que regulan as artes menores, tres que se ocupan do arrastre de fondo e un sétimo que afecta o cerco. E esas sete normas compleméntanse con outra de rango menor, unha orde, que afecta as artes menores do Mediterráneo.
Tal dispersión aconsella unha fusión normativa que englobe nunha única norma todas as zonas de pesca e todos os aparellos empregados. Así é que redactou un novo real decreto polo que se regula o exercicio da pesca nos caladoiros nacionais, aproveitando ademais que no marco do Plan de Transformación e Resiliencia é preciso cargar as tintas na sustentabilidade.
Link: http://www.lavozdegalicia.es (SomosMar)
Debe estar conectado para enviar un comentario.