Barcos de rasco reclaman poder faenar en fondos de 800 metros, como o arrastre

Foto de archivo

Los tres buques gallegos que usan esta arte defienden que es muy selectiva y que son tan pocos que apenas tendrían impacto en el «stock» de rape

En Galicia só quedan tres barcos —en Laxe, Cedeira e A Guarda—, que teñen autorización para a arte do rasco, a captura do rape. En toda España son só 20. Un deles é o laxense Virxe Poderosa Primeiro, cuxo patrón, Miguel Domínguez, considera que a Administración quere terminar co oficio. Demanda do Goberno central que reclame á Unión Europea a posibilidade de faenar a 800 metros de profundidade, onde si está autorizado o arrastre. O rasco só pódese calar a 600 metros, pero as plataformas nas que poden traballar son moi pequenas e nese fondo arríscanse a perder as redes por mor da acción dos arrastreiros. Ademais quéixanse de que o descanso semanal que lles impón a Xunta, de 16 horas, non lles permite realizar os dous calados de 72 horas que si permite o Estado e que está vixente para o resto dos barcos españois.

Todos estes problemas fixeron que nos últimos anos apenas se consuman as cotas que teñen asignadas, polo que temen que llas acaben quitando.

Os barcos galegos apenas pescaron rape con esta arte no último ano. O censo do rasco ten o 23,64 % da cota e o arrastre de fondo o 47,86 %. Tense constancia de que a situación biolóxica do stock é boa e lembran que se trata dunha arte tradicional deseñada especialmente para a captura do rape que, ademais, é moi selectivo.

Consideran que traballar a 800 metros non supoñería ningún problema ecolóxico porque son moi poucos barcos e explican que ao norte das Sisargas hai un caladoiro a 700 metros, de fondo fangoso no que un buque podería manterse perfectamente toda a tempada de pesca que ten autorizada o rasco.

Link: http://www.lavozdegalicia.es (SomosMar)

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Mar, Politica, Politica Pesqueira, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s