
Relatarie neste espazo polo menos una das miñas mareas en Terranova a bordo do Villa de Pitanxo. Dous días antes da saída, a tripulación foi informada de que o barco sairía para a mar ás 10.00 horas. Cando ás 09.00 cheguei ao buque para poñer os equipos en marcha e confirmarme de que todo estaba en orde, con agradable sorpresa puiden comprobar que os meus compañeiros xa estaban a bordo e listos para a manobra de saída.
Arriando cabos, puxemos rumbo aos caladoiros de NAFO. Para a maioría dos homes era un caladoiro novo e descoñecido. Nunca pescaran nin traballaran nesa franxa da plataforma continental americana, a pesar de que a frota pesqueira española —e tamén a doutros países— ten máis de cen anos de experiencia na zona dos grandes bancos de Terranova. Neses tempos os científicos aseguraban que a partir dos 200 metros de profundidade non chegaba a luz solar nin había osíxeno, e por tanto non se producía a fotosíntesis, o cal significaba que practicamente non había vida animal. Ademais, os barcos de pesca non tiñan as maquinillas nin equipos adecuados para traballar a profundidades de máis de 1.000 metros. Tanto eu como algúns dos meus compañeiros, que viñamos de augas de Namibia, sur de África e Malvinas, atopámonos cun caladoiro tradicional sobreexplotado e coa maioría de especies, como o bacallau e a platija, en moratoria.
Máis información:
Debe estar conectado para enviar un comentario.