Un total de 18 mulleres da Confraría de Cedeira participan no programa de limpeza | concello
Retirar o lixo do mar e concienciar á sociedade sobre os efectos nocivos da contaminación no medio mariño son os obxectivos do proxecto "Mar Limpo" no que participa por segundo ano consecutivo a Asociación de Mariscador@s da Confraria de Cedeira. Neste proxecto, 18 mulleres da Confraría de Cedeira participan especificamente durante 16 días de limpeza nas zonas dos bancos marisqueiros das praias da Madalena, Esteiro e Pantín, seguindo un calendario que se prolongará ata outubro. Ademais da retirada do lixo das zonas areosas, xesto que o alcalde, Pablo Moreda, agradeceu especialmente, os participantes darán charlas no CEIP Nicolás del Río e no IES Punta Candieira, nas que explicarán, entre outras cousas, como é o traballo de extracción de marisco e os factores que afectan á produción dos bancos, facendo fincapé nas terribles consecuencias da contaminación e as fórmulas que poden contribuír ao coidado do medio mariño. O programa "Mar Limpo" é unha iniciativa promovida pola Consellería do Mar e financiada a través do Fondo Europeo Marítimo de Pesca, na que os traballadores reciben por cada día de limpeza unha cantidade equivalente á que recibirían por unha xornada laboral, calculada coa media ingresos anuais. A Cofradía de Cedeira foi das poucas de Galicia que o ano pasado participou na primeira edición deste programa. Link: www.diariodaferrol.com