A fábrica de xeo da confraría de pescadores de Cedeira é un exemplo claro do que poden facer estas entidades coas axudas á mellora da eficiencia enerxética, da seguridade e condicións de traballo dos pescadores e da calidade dos produtos desembarcados.
Este proxecto, subvencionado pola Xunta de Galicia, consistiu na renovación de todo o sistema de produción e almacenamento de xeo, o que contribúe a un aforro que pode chegar ata o 50% na súa factura eléctrica. Iniciativas coma esta, que hoxe coñecín de primeira man, axudan á sustentabilidade da pesca costeira artesanal.



Debe estar conectado para enviar un comentario.