Comezaron os traballos para a mellora da eficiencia enerxética da Fábrica de Xeo de Cedeira.

Foto: Fábrica de Xeo – Confrarìa Cedeira

As obras de montaxe da nova fábrica de xeo da lonxa de Cedeira empezaron esta semana e en novembro está previsto que empezo a funcionar. A confraría de pescadores conseguiu unha subvención de 507.700 euros -cofinanciada polo Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP), que achega un 75 %, e a Xunta, o 25 % restante- para mellorar a eficiencia enerxética da fábrica de xeo. «É un proxecto esencial para a confraría […], corta a maior sangría que tiñamos, que era ese gasto de electricidade e auga, insostible, ademais das avarías continuas. Un ano máis xa non se aguantaba, xa non se podían pedir máis créditos e seguir acumulando débeda», recoñece o patrón maior, Eduardo González López. 

A factura eléctrica da fábrica de xeo pasará duns 50.000 euros anuais a case a metade, posto que o aforro enerxético previsto é do 48,20 %,. «Isto supón un cambio moi relevante, que tamén implicará a mellora dos servizos prestados», subliñan desde o depósito, que levaba anos demandando axuda para sacar adiante este proxecto. Só en avarías, a confraría gastaba uns 50.000 euros por exercicio, que algún ano alcanzaron os 120.000. O patrón maior destaca, ademais, o impacto ambiental que carrexaba, «polo gasto de auga e o uso de gases de efecto invernadoiro prohibidos».

A secretaria da entidade, María Rodríguez, incide «nos beneficios que terá para todos os socios e usuarios, tanto armadores como mariñeiros, pola mellora da calidade do servizo». A confraría tamén obtivo outra subvención de mellora da eficiencia enerxética, para a renovación da iluminación no interior da rula. O importe é de 15.396 euros, cofinanciados polo FEMP (75 %) e a Xunta (25 %), e os traballos xa finalizaron o 11 de setembro. O patrón maior destaca o aforro que supón a implantación de tecnoloxía led, que se estima nun 68,37 %, «e a mellora da iluminación, ata o peixe parece máis fresco».

González López confía en que estes dous proxectos «permitan, polo menos, non ter perdas, e poder traballar e tapar buratos que veñen de vello, e despois investir en melloras para que sexa sostible a confraría de Cedeira».

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s