Volanteiros de Cedeira crean DoNorte, marca de orixe para a «pescada máis fresca»

Vegalsa-Eroski comercializará unhas 400 toneladas anuais

Foto: Xosé Cheda

Sete dos doce volanteros do porto coruñés de Cedeira, referente nacional nesa pesqueira, uníronse para «pór en valor a pescada fresca da súa costa, a máis fresca do mundo», sosteñen os promotores. Crearon a marca de orixe DoNorte, unha etiqueta que identificará o seu produto e coa que lle garanten ao consumidor final a «máxima frescura, a selección rigorosa dos exemplares».

Paralelamente, DoNorte acredita «o bo facer, a pesca artesanal, o amor polo mar e o respecto polo medio ambiente» da súa produción. Nacen co respaldo e a implicación da cadea de supermercados Vegalsa-Eroski, en cuxas pescaderías prevén comercializar anualmente unhas 400 toneladas da Merluccius Merluccius, a xenuína europea, pero neste caso «de costa», de proximidade. Con esa cantidade inicial comeza a singradura da marca DoNorte, que se lanza aos mercados con idea de seguir crecendo, de gañarse a confianza do consumidor e dos comercializadores.

«Plataforma de venda»

DoNorte creou unha «plataforma de venda» que se ocupará da distribución da pescada de volante de sete volanteros. Fórmana os armadores deses pesqueiros e a comercializadora Juan García Pesca. Xa que logo, precisan, non lla venderán directamente a Vegalsa-Eroski.

Todos os barcos implicados e os seus propietarios pertencen á Confraría de Pescadores de Cedeira. Para determinar os prezos de comercialización con Eroski, os armadores estudaron custos de produción e, a partir dese mínimo, aplicándolles unha «pequena marxe comercial» co que pretenden cubrir «posibles eventualidades».

Rosa Quintana, conselleira do Mar, amadrina este venres en Cedeira a presentación pública de DoNorte. Aos actos programados tamén asisten Jorge Eiroa, director de compras de Vegalsa-Eroski, así como Eduardo González, patrón maior de Cedeira, e Juan García, en representación da marca de orixe.

Eroski, case 350 pescaderías

Datos publicados por Eroski o pasado febreiro, apuntaban que naquel momento, como parte do seu compromiso coa pesca sostible, vendía produtos acreditados en 342 mostradores de peixe fresco, aplicando ese mesmo criterio a oito plataformas loxísticas do grupo desde as que se serve o peixe fresco á rede de tendas. Desde Cedeira, DoNorte fíxose un oco nesa rede de supermercados.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s