O Mesón, gañador da segunda edición do certame de tapas de merluza celebrado en Cedeira

Os visitantes puideron saborear a merluza a través de varias receitas | jorge meis

O establecemento O Mesón, coa súa proposta “Merluza en tempura de primavera”, resultou gañador do II Concurso de Tapas de Merluza de Cedeira celebrado os pasados días 24 e 25 no marco da programación da segunda edición de Festa da Merluza da Volanta que onte chegou á súa fin.

O establecemento O Mesón, coa súa proposta “Merluza en tempura de primavera”, resultou gañador do II Concurso de Tapas de Merluza de Cedeira celebrado os pasados días 24 e 25 no marco da programación da segunda edición de Festa da Merluza da Volanta que onte chegou á súa fin.

O segundo premio foi para o Mesón Jojó, grazas a súa “Hamburguesa de merluza”; mentres que a terceira posición recaeu no mesón O Amanexo pola súa tapa “Merluza confitada con pil-pil de berberechos y espuma de codium”.

Desde a organización salientaron o traballo dos locais participantes así como a gran calidade das propostas presentadas a un certame no que os resultados finais foron moi axustados. O certame reuniu un total de 16 establecementos de hostalería da vila de Cedeira, catro máis que na pasada edición.
A entrega de premios tivo lugar onte ao mediodía, xusto antes da sesión vermú da derradeira xornada da cita que nos últimos sete días encheu de actividades o municipio cedeirés.

Onte, o público puido seguir gozando dos saborosos pratos a base de merluza, coa posibilidade de elixir entre tres receitas diferentes e unha táboa de pinchos con este pescado como protagonista. As racións servíronse durante toda a fin de semana baixo unha carpa climatizada situada ao lado do pósito local.
A Confraría de Pescadores de Cedeira foi a organizadora dunha festa que contou coa colaboración do Concello así como do Museo Mares de Cedeira, onde onte tiveron lugar novas visitas guiadas, así como un obradoiro de nós mariñeiros.
Tamén puideron ser visitadas varias exposicións, como a de volantas e rascos.

Link. http://www.diariodeferrol.com

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Festa da Pescada (Merluza), Galicia, Museo do Mar, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s