Coincidindo coa I Festa da Merluza da Volanta de Cedeira, convócase o
“I Concurso de Tapas de Merluza da Volanta de Cedeira.”
Doce locais foron os que confirmaron a súa participación: Restaurante Brisa, Taberna Praza do Peixe, Mesón San Antón, A taberna do Jojó, Mesón A Marieta, Restaurante Vila Vella, Mesón A Ría, A Balandra, Cervecería Rosi, O Mesón, A Cafetería do Auditorio e O Sálvora.
As tapas terán a Merluza como principal ingrediente.
As persoas que participen como consumidores, e que proben como mínimo cinco das tapas, poderán votar nos locais coas tarxetas de votación que se repartirán nesa fin de semana, e entrarán no sorteo dunha cea para dúas persoas no local gañador. As tapas terán un prezo de 1,5 €.
Información :Concello de Cedeira
Debe estar conectado para enviar un comentario.