Turra, rapás

Anton Luaces

medio-sigloXusto ao día seghinte de cheghar a Riveira (daquela escribíase con “uve”) dinme de conta (daquela no existía “decateime”) de que cheghaba a outro mundo. Marchín dar un voltio e acabín na rampla de Serqueiras (ser é Cerqueiras, pero o seseo, xa se sabe..) onde amarraban alghunhas dornas e racús, espesialmente as de Banda ó Río.

Foi presísamente unha dorna a primeira que cheghou á rampla de madeira. O mariñeiro que a ghobernaba larghoume o que para min era unha corda e berrou: “Turra, rapás”. Dúas palabras para min desconosidas, polo que non fixen caso. “Estás xordo, carallo?. Turra do cabo, ostia”. Das sete palabras só entendín a primeira: “Estás”. E eu, estar estaba, o que pasa é que non coñesía nada de ghalegho, prosedente que era de Canarias.

O mariñeiro saltou ao peirao e, ao tempo que me arriaba unha labasada, sinaloume a corda que anteriormente me botara desde a dorna: “Non ves o cabo ou que?. Entendín “ves” e “qué” , evidentemente insuficientes palabras para saber que era o que aquel home quería. De vaghar comprendín que a corda era un cabo e que o cabo servía para aseghurar a dorna á rampla, que foi o que fixo o mariñeiro.

Eu era pouco máis que un moquento cheghado a Riveira a noite anterior a bordo do vapor que viña de Vilagharsía. Conosín Riveira dresde o mar e xa noite serrada (pecha). Pareseume unha sidá ghrande aínda que máis pequeniña que Las Palmas, de onde viña. E é que o mar aghranda todo en terra. Vin o malecón, con luses fluoressentes nas farolas e unha chea de árbores, a comandansia de Marina (posteriormente Mariña), o edifisio do fielato (onde nas mañáns de nordés se reunían os mariñeiros para comentar as súas cousas) e, pouco tempo despois (posteriormente dempois) o edifisio do carro varadero (o varadoiro) desde o que unha máquina infernal turraba dos barcos ou embarcasións menores nesesitadas de carenar ou limpar a seba acumulada no mar, ou simplemente pintar.

Supoño (máis tarde coido) que Riveira tería uns dous mil habitantes, e o edifisio máis alto, ao que denominaban rascasielos estaba en Padín, serca (posteriormente perto) da fonte situada no cruse das carreteras (estradas, logho de todo) de Deán-Noia e O Caramecheiro-Palmeira-A Puebla (A Pobra, logho)-Padrón.

Foi o meu primeiro contacto co mundo da pesca e co ghalegho como idioma. A pesca foi moito a menos, pero os barcos foron a máis en número e tamaño. A familia mariñeira sighe a ter os mesmos problemas ca daquela (primeiros anos sincuenta do sighlo -hoxe século-pasado). Aghora o vento soa (zoa) e antes asubiaba que metía medo. As nordestadas de antes son aghora sicloxéneses esplosivas. E as ghanas (hoxe gañas) de pescar, son idénticas.

Menos mal que as aghallas sighen sendo aghallas; pero nin siquera a línghua é a misma (mesma).

Seghimos turrando dos cabos e chamándolle sardiña á sardiña; xarda á xarda… Mais tamén sardinilla á xouba que sempre foi xouba e pescadilla á que sempre foi carioca. Chamamos besugho ao ollomol e complemento salarial á chona ou parte…

Nin se pesca o que se pescaba nin se fala como se falaba. Que e canto levamos perdido nesta Ghalisia da que Riveira, con uve, forma parte como primeira potensia pesqueira?

link: http://www.laopinioncoruna.es

Advertisement
Esta entrada foi publicada en Comarcas, Galicia, Mar, Pesca. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s