Un mundo de mar

mundo-mar

Antón Luaces

Hai anos, rapaces da zona dos Ancares lucenses fixeron unha visita á cidade de A Coruña. Foi a súa primeira saída do pobo. O seu contacto coa modernidade fora, ata entón, ollar o paso do tren ao lonxe e sempre cara ao lonxe.

Un deses rapaces, do cal non lembro o nome, respostou a preguntas do que tamén era daquela un xove xornalista, que o mar era un río moi grande e sen penas.

Onte, día no que o mar, os océanos, son lembrados por mor do esquecemento que todos temos da súa realidade, a figura daquel rapazolo presidiu para min unha celebración na que o océano vai parello á memoria do mariñeiro, fillo natural desa nai mariña, dunha serea que pervive e da vida.

Os océanos son un mundo de mar, unha chea de mar, se os comparamos con ese feitizo marabilloso que para os galegos son as rías. Un mundo de mar ao que tanto debemos como cidadáns dun territorio que sería outro de non ser, precisamente, por esas rías, por eses pequenos mares fillos dun grande océano, pai venturoso que resiste mais non sabe un ata cando.

Oxalá por esta conmemoración anual -o 8 de xuño- chegue o convencemento da necesidade que todos temos que o protexer, de facelo noso non só para pescar nel senon para que, como pai, poida estar seguro e con el cantos outros fillos o habitan.

É o momento do compromiso, de facer que o mar sexa algo máis que unha referencia ao lonxe. De coidalo e amalo para que siga a ser un mundo de mundos.

Botamos una man?

link: http://www.laopinioncoruna.es

 

Esta entrada foi publicada en Comarcas, Pesca. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s